O BNG da Pobra do Caramiñal vén de presentar unha moción para o seu debate no pleno da corporación co fin de apoiar o sector lácteo.
Manuel Casal, concelleiro nacionalista explicaba esta mañá a importancia de desenvolver unha serie de iniciativas para apoiar o sector que está a pasar por unha situación crítica.
Nun contexto no que a industria láctea galega representa o 50% do leite de España, os prezos non cubren o custe de produción e os contratos que se están a facer non garantizan a recollida do total do leite producido.
Os nacionalistas da POBRA únense ao apoio do sector lácteo
Please login to join discussion