BOIRO NOVO e AGE loitan xuntas para a mellora da seguridade vial do MUNICIPIO DE BOIRO

A Asamblea Cidadá Boiro Novo acaba de presentar unha moción que se discutirá na vindeira sesión plenaria onde se pon de manifesto a falta de comunicación a traves da estrada comarcal coa zona do casco urbano de Boiro e o lugar de Vilariño, na parroquia de Cespón.

Unha problemática histórica que os mesmos veciños tratan de resolver, é por isto que, fai unhas semanas iniciaron unha recollida de sinaturas onde esixen dotar de beirarrúas a zona e de medidas que permitan mellorar a seguridade vial e a iluminación pública.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.