O NOIA gaña ao CERCEDA e o RIBEIRA ao MILAGROSA mentres que o BOIRO empata en RIBADUMIA e o POBRA en LARACHA

Un gran gol do muradán Toni deu o sorprendente triunfo ao Noia ante o Cerceda na súa primeira visita oficial ao campo (1-2). O conxunto visitante, baixo a dirección de Yago Iglesias , nunca perdeu a cara ao partido e tivo a suficiente desenvoltura para seguir disputando o encontro a pesar do gran tanto dos locais de Anxo Cuéllar.

O Boiro asinou onte en Ribadumia o mellor partido da tempada. Os barbanceses fixeron un gran traballo pero conseguiron pouco premio. Un empate a un co Ribadumbia. Os de Barraña dominaron e crearon máis ocasións que o seu rival prol ao final só puideron traer un punto.

O Atlético Ribeira conseguiu onte a súa primeira vitoria da tempada na Fieiteira ante un bo Milagrosa. Os de Susín fixeron un bo partido e mereceron os tres puntos. Gañaron 2-1 ao Milagrosa.

Por último o Pobra regresou onte á casa cun importante punto do feudo de Larcha onde empatou a un tanto.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.