Unha festa con máis de 160 anos de historia que loitou contra vento e marea e resistiu os peores anos de crise chega de novo a Rianxo cunha das mellores programacións que se lembra.
Para dar conta da presentación das festas da Guadalupe o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, o Presidente da Moreniña, Ramón Iglesias, o vicepresidente da comisión de festas, Carlos Ces e o responsable da entidade organizadora do Rock in Rian, Jose manuel Rodríguez, reuníronse esta mañá no Auditorio Municipal.
Un evento de moita intensidade e con moita devoción que prevé recibir a máis de 25.000 persoas
RIANXO volverá cantar á luz das bengalas o 2º HIMNO DE GALICIA, “A RIANXEIRA”
Please login to join discussion