O Salón de Plenos de Noia acolleu esta tarde a recepción oficial ao mozo deportista Caetano Horta.
O alcalde, Santiago Freire Abeijón, e a concelleira de Deportes, Laura Salgado, presidiron este acto co que quixeron poñer en valor o excelente traballo desenvolvido polo remeiro noiés no Campionato Mundial Júnior de Remo celebrado recentemente en Tokio. Caetano Horta logrou posicionarse no quinto posto desta competición a nivel internacional.