O novo mercado municipal acollerá mañá o evento gastronómico “Peixe de Ribeira”, unha actividade enmarcada dentro da programación das festas patronais de santa Uxía.
Ás 12.00 horas terá lugar a misa solemne na honra da patroa que estará presidida polo Bispo Auxiliar Jesús Fernández González e cantada Pola Coral Polifónica do Circuíto Mercantil e Industrial de Ribeira. A continuación terá lugar a procesión acompañada pola Banda de Música Municipal de Negreira e os grupos de gaitas “O Rueiro dos Fillos de Palmeira” e o grupo de baile Aires da Dorna.
Xa ás 14.30 horas a rúa Alcalá Galicano acollerá a sesión vermú, que estará amenizada polos grupos “Pan de leña e Ollomol”.
Varios grupos de Galicia e asturias actuarán ás 20.00 horas no auditorio municipal no II Festival Nacional de Folclore.
Por último ás 23.00 horas dará comezo a verbena no paseo do malecón a cargo da Orquestra Marimba.