Xunta de Galicia

A conselleira do Mar visitou un polígono de bateas na ría de Aldán para explicar as liñas de axudas existentes no sector da acuicultura

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacou hoxe que os bateeiros se benefician de arredor do 83% das axudas aprobadas para melloras no eido da acuicultura que fomentan unha actividade sustentable.
https://www.youtube.com/watch?v=tQ-YlFryfEk
Así o sinalou durante a visita que realizou a un polígono de bateas na ría de Aldán na que estivo acompañada pola directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez.
Alí tamén detallou que na convocatoria de 2019 destas achegas, cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP), se subvencionan un total de 90 proxectos por un importe de 5,2 millóns de euros. Delas, incidiu, 75 pertencen a empresas dedicadas á produción de mexillón e supoñen un valor de axuda de máis de 4,3 millóns de euros. Por provincias, o 90% das achegas concedidas en Pontevedra vai a parar a empresas dedicadas á produción deste bivalvo e na provincia da Coruña o sector concentra o 82% do total.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.