O CENTRO DE DÍA DE PORTO DO SON súmase ás celebracións das FESTA DO CARME

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) está a xestionar o centro de día para persoas maiores do concello de Porto do Son, un centro que está situado no Lugar da Aguieira e que se dedica ao coidado das persoas promovendo a súa autonomía persoal.

Esta semana é aproveitando a festividade local promoveron diversas actividades no marco do Programa Socioterapeutico e Cultural que se está a desenvolver no centro.

No día de hoxe realizouse un encontro intercentros, no cal os usuarios do Centro de Día de Porto do Son en compañía dos usuarios da Residencia Romero Blanco Monroy de Noia, compartiron unha tarde de lecer conxunta nas proximidades do Loreto.

O Centro de Día de Porto do Son conta na actualidade con 22 persoas que asisten ás distintas terapias rehabilitadoras e ocupacionais.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.