https://www.youtube.com/watch?v=atsKe-WEogA
O Surf e bodyboard estanse a converter nun dos deportes de maior actualidade, cada ano gañan mais adeptos, e sobre todo dende idades mais temperás. No Barbanza a práctica do surf está de moda, e mais tendo en conta as fermosas praias como o Vilar ou a Ladeira, ideais para este deporte. Achegámonos ata a parroquia ribeirense de Corrubedo, onde se atopa a GRIP SURF SCHOOL, unha escola de surf que leva xa 5 anos asentada nesta zona, e cada dia conta con mais alumnos e alumnas.