REDEIRAS DE PORTOSÍN arremeten contra PORTOS DE GALICIA polas condicións nas que se atopa o galpón destinado a este arte

As redeiras volven á carga. Nun momento no que os sectores gandeiro e pesqueiro teñen moito que dicir ao goberno galego, estas traballadoras do mar de Portosín tamén reclaman os seus dereitos.
Jose Juan Durán, o presidente de portos de Galicia volve ser obxeto de crítica no barbanza. O patrón maior de Ribeira e o alcalde de Rianxo denunciaban nas últimas semanas o abandono dos peiraos por parte do ente público. Esta vez son as mulleres as que reclaman mellores condicións no Traballo.
Unha antuca, tamén coñecida como “sombrilla de plaia” é o único obxecto encargado de protexer ás traballadoras os días de vento e chuvia pois as condicións nas que se encontra o galpón destinado para estas tarefas está en mal estado.

Unha das redeiras aseguraba esta mañá que o presidente de Portos nunha das visitas que fixo ao peirao antes das eleccións municipais falou coas mulleres e comproteuse a arranxalo canto antes. Polo de agora non hai resultados.

https://www.youtube.com/watch?v=YATvtEOtBBY

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.