A Xunta Directiva da Asociación AMBAR reuniuse onte pola mañá, no auditorio municipal, co alcalde Adolfo Muíños e a edil de benestar Hadriana Ordóñez co fin de garantir a accesibilidade a todas as contornas, bens e servizos no municipio de Rianxo.
O presidente de AMBAR, Toño Nóvoa asegurou que «a entidade porá todos os medios que ten á súa disposición para que todos os cidadáns e cidadás con diversidade funcional de calquera natureza teñan garantido o seu dereito a gozar de todo aquilo que Rianxo pode ofrecer a veciños e visitantes”. O alcalde Adolfo Muíños comprometeuse a «tomar nota de todo o que poida mellorar e garantir a accesibilidade aos veciños e veciñas, e a dispor medidas adecuadas para iso».