O 50% das parcelas do POLÍGONO DA TOMADA están comprometidas seis meses despois da súa inauguración

Seis meses despois da inauguración da ampliación en 107 mil metros cadrados do polígono da Tomada na Pobra do Caramiñal, o seu presidente, Manuel Durán asegura que o 50% da parcelas xa están comprometidas. Un dato que positivo que reflexa o éxito deste polígono da comarca do Barbanza. Tal é así que Manuel pensa que nun futuro esta explana se vai quedar pequena para a actividade que se chegará a desenviolver.
O presidente asegura que nos últimos quince días dúas novas empresas se interesaron por cadensúa parcela para poder instalarse así na comarca.
Bo servizo e prezos competitivos son os que ofrece o polígono da Tomada, pois a última bonificación que foi aprobada o día da visita da ministra, Ana Pastor, axusta o prezo da parcela a 75 euros por metro cadrado durante un plazo transitorio de seis meses.

A primeira parte dos compromisos de parcelas construidas foi para as empresas que xa estaban establecidas alí e buscaban ampliación.
O polígono encóntrase agora na segunda fase onde parte do terreo adquirido é para novas empresas.

A finais de ano prevese que aumente nun 15 a porcentaxe de novas parcelas comprometidas, acadando un 65% do total.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.