5.000 fogares galegos poderán renovar os seus baños e cociñas grazas ao programa reforma 15 da xunta

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que o Programa Reforma 15, dotado con 3 millóns de euros, renovará os equipamentos de baños e cociñas de 5.000 fogares galegos.
O titular da Xunta fixo fincapé en que o devandito programa, que o Consello desbloqueou esta mañá, permite poñer á disposición dos galegos un paquete de axudas co fin de apoiar ás familias no acondicionamento das súas vivendas e avanzar na eficiencia enerxética das vivendas galegas. Así mesmo, estimula de forma paralela a demanda en sectores vinculados ao da construción, da reforma e da rehabilitación.

O presidente indicou ademais que Galicia comeza a ter xa signos positivos, pois os datos do Índice de Produción Industrial coñecidos hoxe indican que en xullo incrementouse un 10,5%, case o dobre do que se incrementa en España. Ademais, destacou que no que vai de xaneiro a xullo “Galicia está por riba do índice de produción industrial do total do Estado”: Galicia cun 3,7% de crecemento mentres que no total de España un 3 por cento.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.