A CONSELLERÍA négalle o permex a catro veciñas de noia vítimas de violencia de xénero

Catro mulleres da vila de Noia vítimas de violencia de xénero síntense discriminadas pola Consellería de Medio Rural e do mar da Xunta de Galicia.
Fai uns meses esta Administración sacou a concurso unha convocatoria con 60 prazas para obter un carnet de mariscador ou mariscadora que lles permita faenar. A pesar de que as vítimas de violencia de xénero están amparadas pola lei á hora de buscar Traballo, esta convocatoria non refletía nas súas bases ningunha praza para estas persoas en situación de vulnerabilidade.

No seu día, foron os responsables do departamento de Servizos Sociais do Concello e a Cofradía de Mariscadores os que lles fixeron saber a estas mulleres que acababa de sair a convocatoria que xa levaban tempo agardando. De forma consecutiva estas catro mulleres solicitaron cadansúa praza aportando os documentos que se lles requerían nas bases, a súa sorpresa foi cando, as catro solicitudes chegaron denegadas. O primeiro que fixeron despois disto foi recurrilas, pero de novo, volveron chegar denegadas.

Púxeronse en contacto cos responsables da Consellería que recoñecen o seu erro e aseguran que entenden o problema pero que a día de hoxe non poden facer nada, o único que lles din é que recurran ao contencioso.

Son catro mulleres cunha situación económica semellante, unha delas, comenta a súa historia.

O patrón maior da Cofradía de Noia, santiago Cruz, asegura que se trataron de poñer en contacto coa Consellería, pero que non poden facer nada.

A campaña marisqueira arrinca o luns sen catro persoas ás que a Administración non tivo en conta.

https://www.youtube.com/watch?v=KH4YQeDe0pI

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.