Ribeira

Adxudicación provisional das obras para reordenar o espazo público en Martín e crear aparcamentos e unha zona verde

https://www.youtube.com/watch?v=b_DkfK0XsiY
O Concello de Ribeira informa de que se procedeu á adxudicación provisional dunha actuación destinada á reordenación do espazo público no lugar de Martín: unha obra moi agardada pola veciñanza do lugar a efectos de acondicionar e reordenar unha zona adquirida recentemente polo Concello na beira da estrada DP-7308 coa fin de poder ser utilizada como aparcamento e zona de esparcemento.
A empresa que resultou mellor clasificada no procedemento de licitación foi Groma Obras, S.L., cunha oferta de 34.433 euros, IVE incluído.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.