A Xunta de Galicia outorgará axudas a un total de 122 concellos galegos destinadas á programación de actividades de dinamización da lectura, no marco do programa Ler conta moito, que promovan a igualdade entre homes e mulleres e a loita contra a violencia de xénero nas bibliotecas e axencias de lectura públicas de titularidade municipal. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución desta subvención dotada con 150.000 euros.
https://www.youtube.com/watch?v=M3MMjo7vVgE