O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, adiantou hoxe que a nova Lei de solo, que nas vindeiras semanas será remitida ao Parlamento, establecerá por primeira vez a obriga de que as normas urbanísticas dos concellos introduzan e respecten as paisaxes máis singulares e valiosas; e, de igual xeito, tamén exixirá por vez primeira que as construcións en solo rústico se realicen con formas e materiais que aseguren a integración no seu contorno.
Feijóo subliñou que a ordenación territorial de Galicia é unha das prioridades da Xunta, para o que xa aprobou instrumentos normativos como as Directrices de Ordenación do Territorio ou o Plan de ordenación do litoral. E, nese ámbito, destacou a importancia de acadar un correcto aproveitamento dos montes galegos como fórmula para lograr un triplo obxectivo: a dinamización do rural, a xestión sustentable da nosa riqueza natural e a redución significativa dos lumes.
FEIJÓO asegura que a nova lei do solo establecerá unha normativa específica para as construccións en solo rústico
Please login to join discussion