Galicia rexistrou un mes de xullo cálido e marcado por unha gran variabilidade desde o punto de vista meteorolóxico

A primeira parte do verán estivo marcada en Galicia por unha gran variabilidade desde o punto de vista meteorolóxico, unha situación que, sen embargo, non impediu que xullo acabase sendo un mes cálido e lixeiramente seco.
Cartel de YouTube
Estas son as principais conclusións do resumo climatolóxico elaborado por MeteoGalicia, no que se comparan os rexistros de temperatura e chuvia do mes pasado cos valores medios das estacións representativas durante o período climático de referencia 1981-2010.
A principal explicación hai que buscala en que as zonas de aire frío no Atlántico continuaron baixando máis ao sur do habitual durante o mes de xullo.

Salir de la versión móvil