‘52 fins de semana na provincia da Coruña’ é o título da campaña de promoción turística nas redes sociais que neste verán impulsa a área de Turismo da Deputación da Coruña, que dirixe o tamén vicepresidente Xosé Regueira. A iniciativa, que se dará a coñecer cada venres da semana, prolongarase ao longo de todo o ano con propostas para coñecer o territorio de maneira activa.