A FESTA DO CARME volve ser todo un éxito na VILA SONENSE

Porto do Son celebrou ao grande un dos días máis agardados do verán: a festa do Carme.

Dianas e alboradas a cargo do grupo de gaitas Rumbia e a banda de Lousame encargáronse de percorrer as rúas anunciando a chegada deste gran día. Non en vano a saída da Virxe do Carme en procesión foi ás 11.30 horas. O percorrido comezou na Capela de Atalaia e dirixiuse á explanada portuaria onde tivo lugar a misa solemne que foi cantada pola Cortal Aturuxos de Porto do Son.

Ás cinco da tarde e, tal e como explicaba o alcalde sonense esta mañá, celebrouse unha misa en honra ao veciño sonense de 71 anos de idade que apareceu morto na tarde de onte flotando preto dos pantaláns do peirao, e xa ás 18.00 da tarde arrincou a procesión marítima acompañada pola Banda de Lousame.

Pecharon esta gran festa as actuacións na orquestra Esencia na Praza de España e da mítica Filadelfia que reuniu a varios centos de persoas na explanada portuaria.

https://www.youtube.com/watch?v=GFCVYlj-vOc

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.