Ribeira

Medio Ambiente promove en Sálvora o primeiro hotel de insectos do parque nacional co fin de preservar os seus ecosistemas

O Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia xa conta co seu primeiro hotel de insectos, unha iniciativa novidosa de sensibilización ambiental que pretende facilitar un habitáculo e lugar de cría e hibernación para este tipo de organismos.
https://www.youtube.com/watch?v=RwK2G06D8ag
O hotel foi inaugurado oficialmente esta mañá en Sálvora pola conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, quen explicou que a intención é estender este proxecto ao resto do parque, de tal forma que cada arquipélago poida contar a medio prazo cunha instalación deste tipo.
A iniciativa, como explicou a responsable autonómica de Medio Ambiente, foi promovida polo Parque Nacional das Illas Atlánticas en colaboración coa asociación Amicos, unha entidade de referencia na comarca do Barbanza polo seu traballo a prol da integración das persoas con discapacidade e que foi a encargada de construír catro hoteis de insectos. En canto ás estruturas, están feitas a partir de materiais naturais propios da illa (como piñas ou restos de madeira), ladrillos perforados, así como refugallos e anacos de antigas tellas que os voluntarios de Amicos reciclaron para darlles unha nova utilidade.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.