A concelleira Cristina Andrade vén de presentar un escrito no concello no que insta á corporación a tomar medidas que solucionen as demandas veciñais de limpeza de cunetas e rexistros antes de que veñan as chuvias. Solicitan a limpeza de todos os elementos que compoñen dito sistema, rexistros ecolectores da rede de sumidoiros onde corresponda, e cunetas e regos no rural, para evitar que se produzan asolagamentos nas rúas e camiños que dificulten o tránsito e deterioren o pavimento.
Ademais disto, o BNG-AA demanda que se estableza un programa periódico de limpeza que manteña nas condicións adecuadas todo o ano o sistema de recollida de pluviais.