Porto Do Son

Fabiola García anuncia que os campamentos de verán de 2020 serán os mellores da historia de Galicia.

A conselleira de Política Social, Fabiola García, anunciou esta mañá que os campamentos de verán da Xunta de Galicia do 2020 serán “os mellores da historia”.

Díxoo durante unha visita ás rapazas e rapaces que desde o pasado venres e ata o próximo domingo desfrutan no campamento xuvenil Virxe de Loreto, en Porto do Son.
Fabiola García asegurou que os campamentos enmarcados na Campaña de Verán, ademais de ser un gran recurso de conciliación para as familias, tamén contribúen á educación nos valores que deben definir á Galicia do futuro: a empatía e o respecto polos demais e polo medio ambiente e o mantemento dun estilo de vida saudable. Por iso, indicou que a Xunta de Galicia traballa xa para que no 2020 a programación estival, que volveu medrar este ano, bata todos os récords con máis prazas, mellores instalacións e cunha mellor atención.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.