Rianxo

TRAXEDIA en RIANXO con dous mortos na estrada

Unha nova tragedia no barbanza volver vestir de luto a rianxo pois Un home e unha muller faleceron ás 22.34 horas de onte nun accidente de tráfico na autovía de Barbanza ao seu paso polo municipio de Rianxo.
Un coche, de márcaa BMW, que conducía un home duns 60 anos de idade veciño de Cures, en Boiro circulaba en sentido equivocado e chocou violentamente contra outro turismo marca Skoda. O coche quedou totalmente calcinado e os dous pasaxeiros que viaxaban morreron.
As vítimas mortais son Antonio Collazo Moares, coñecido por Tucho, de 39 anos e veciño da parroquia de Isorna (Rianxo), e a súa noiva, María Asunción Camiño Sanz, duns 30 anos. Na súa documentación consta Madrid como lugar de residencia, pero parece ser que facía uns dous meses que convivía coa súa parella no municipio de Catoira.
O violento sinistro tivo lugar na AG-11 en dirección cara a Padrón, antes da saída de Catoira, e despois de que o BMW circulase en sentido contrario durante uns dous quilómetros.
Os primeiros efectivos en chegar ao lugar do suceso foron axentes da Policía Local de Rianxo, que posteriormente contaron coa axuda de bombeiros de Boiro e Ribeira, Garda Civil de Tráfico, Protección Civil e persoal de mantemento da autovía.
Cabe lembrar que se trata do segundo accidente que acontece en menos dun mes e no que o móvil é un coche que circula en sentido contrario.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.