O PRESIDENTE DA XUNTA demostra en BOIRO a súa motivación por crecer no BARBANZA

O municipio boirense foi esta fin de semana o epicentro dos populares de Galicia ao reunir na casa da cultura da Cachada a varios centos de persoas que acudiron á chamada do presidente do goberno galego que, xunto co presidente do PP provincial, Carlos Negreira mostraron a súa motivación por conseguir un futuro mellor para o partido.
Non en balde, Carlos Negreira, entoou o mea culpa no acto de inicio do curso político celebrado onte en Boiro, un período que se presenta marcado pola cita electoral de decembro e o obxectivo de recuperar o crédito perdido entre os votantes.
E é que, aínda recoñecendo o mal grolo dos resultados electorais de maio, os populares aseguran estar listos para os retos que se aveciñan. Núñez Feijoo, que ao comezo e ao final da súa intervención puxo a Boiro como exemplo e felicitou a Dieste polos «excepcionais» resultados obtidos en maio, destacou que a clave do PP para seguir sendo a formación máis votada é «ser un equipo sólido» e ter claras as prioridades.
Juan José Dieste deu outra das claves que levaron ao PP a revalidar a maioría absoluta en Boiro e que, na súa opinión, permitiralles sumar unha nova vitoria nas próximas citas electorais.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.