https://www.youtube.com/watch?v=rXHIVrqy4GM
O Concello de Ribeira informou de que foron trece as propostas interesadas nas obras de reordenación do paseo das Carolinas e do entorno do parque García Bayón. A mesa de contratación abriu o primeiro dos sobres no proceso para adxudicar esta estratéxica actuación, que dá continuidade á que está a piques de rematar na avenida do Malecón, culminando a remodelación da fachada marítima da cidade.