A pique de rematar o verán os barbanceses comezan a preocuparse por queimar as graxas acumuladas durante o verán. A pesar de que non son os primeiros en anotarse no gimnasio, a afluencia de xente vai increscendo. Un dos monitores do complexo deportivo A Fieiteira aseguraba esta mañá que o forte repunte se vai notar en tres semanas, unha vez que remate o mes de setembro.
Cardio e o que prefiren os deportistas ao regresar do veran. Unha forma de acabar coas consecuencias que os excesos estivais deixaron presentes en quilos de máis.
Son moitas as actividades deportivas que cada vez teñen máis cabida entre o público.
O mantemento e as gañas de lucir un Corpo escultural non entenden de idades.
1756 son os aboados cos que conta o complexo deportivo municipal de Ribeira nun momento no que as persoas pouco a pouco volven ás maquinas. Unha cifra que pode superar os 2000 en plena actividade a partir do mes de outubro.