Porto Do Son

OS GARDACOSTAS REQUISAN MÁIS DE 21 QUILOS DE POLBO DE TALLE ILEGAL QUE TRANSPORTABA UN TRACTOR EN PORTO DO SON


Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar requisaron hoxe máis de 21 quilos de polbo, en concreto 29 unidades, nun control realizado en San Pedro de Muro, no concello de Porto do Son. A mercadoría comisada estaba nun capacho que ía enganchado nun tractor no que se identificou a unha persoa. Foi aprehendida polos axentes debido a que era de talle inferior ao regulamentario, que é dun quilo por peza, e a que a persoa á que se lle comisou carecía de permiso de extracción.

O produto requisado foi entregado á Fundación Romero Blanco Monroy en Noia. A Consellería do Mar lembra á cidadanía que o consumo de marisco extraído e comercializado de xeito ilegal pode supor un risco para a saúde ao non ter pasado ningún tipo de control que o avale. Por iso pide ao consumidor que non compre produto fóra das vías legais de comercialización.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.