O portavoz do PP DE NOIA asegura que o alcalde está a “IMPROVISAR” e que a xestión do goberno local e “INSUFICIENTE E CON ESCASA OPERATIVIDADE”

O portavoz do Partido Popular de Noia vén de facer una valoración do Traballo que o equipo de goberno está a desenvolver dende que colleron as rendas do concello.
Santiago Freire asegura que a xestión é insuficiente e con escasa operatividade e que o mandatario local está a improvisar sen planificar asusntos de moita importancia como por exemplo o caso do PXOM.

O portavoz asegura que polo de agora quere facer un balance con prudencia porque aínda non pasaron os cen días de cortesía dende as eleccións municipais. Sen embargo non deixa de criticar a coordinación dentro das dúas formacións que integran o grupo de goberno.

Asegura que son moitos os veciños que lle trasladan queixas asegurando que o alcalde non lles da resposta a asuntos que lles preocupan e que non hai cartos.

Dende o PP non se esqueceron de lembrar que o resultados nas pasadas eleccións municipais deixaron aos populares a escasos votos da maioría absoluta, obtendo un total de 8 concelleiros nunha corporación formada por 17. Santiago asegura que o Noia podería ter formado un goberno de coalición co Partido Popular para ter a oportunidade de sacar adiante varios proxectos de interese para a cidadanía.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.