Tralo éxito de anteriores edicións regresa un verán máis a Festa do Percebe de Aguiño, os percebeiros e percebeiras da confraría de Carreira e Aguiño comezarán nos vindeiros días a recoller o produto nas pedras para dispor o domingo de preto dunha tonelada de percebe.
O Teólogo Don Andrés Torres Queiruga e o actor e humorista Xosé Antón Touriñán serán os galardoados este ano co título de Percebeiro de honra en Aguiño.


