https://www.youtube.com/watch?v=9wfYiGDhp00
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reclama a necesidade de atopar política de verdade, real e con maiúsculas e dar cun oasis no medio do deserto político polo que transita España. Asi o afirmou durante o acto de entrega das Medallas de Galicia, no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura. Este ano os galardóns recaeron nos expresidentes de Asturias e Castela e León, Javier Fernández e Juan Vicente Herrera, respectivamente.