A formación local, Boiro Novo, vai presentar unha moción para que a corporación municipal tome un acordo para poñer a disposición do Ministerio de Exteriores as instalacións públicas precisas, dentro das súas posibilidades, para acoller a persoas refuxiadas.
Estas últimas semanas Europa está vivindo unha das maiores crisis de refuxiados dos últimos cen anos. Tal e como aseguran integrantes da plataforma os pobos deben responder a esta inxustiza coa máxima solidariedade. Aseguran que se ven na obriga moral e histórica de facer todo o posible para acolller ás persoas refuxiadas que tratan de escapar.
BOIRO NOVO presenta unha moción para acoller aos refuxiados de guerra
Please login to join discussion