54 equipos masculinos e 32 femininos disputarán a 31 edición da Copa de Fútbol Deputación da Coruña. Os clubs repartiranse 243.900 euros en premios en función da súa categoría e dos logros deportivos que acaden ao longo da competición. Os equipos masculinos pertencen ás categorías de Segunda División B (1 equipo), Terceira División (7 equipos), Preferente Autonómica (13) e Primeira Autonómica (33); mentres que os femininos pertencen á Primeira División Nacional (1 equipo), Segunda División Nacional (2), 1ª División da Liga Galega (5) e 2ª División da Liga Galega (24 equipos).