Máis dun cento de personas están xa inscritas no Camiño do Mercado, unha proposta incluída dentro da Iniciativa Xove e co apoio da Concellaría de Xuventude do Concello de Lousame. Trátase dunha actividade organizada polo grupo informal xuvenil Flashback e que se desenvolverá este domingo 6 de setembro na parroquia lousamiana de Tállara. A iniciativa consiste principalmente no desenvolvemento dunha ruta de sendeirismo teatralizada, na que os participantes se verán sorprendidos con distintas personaxes durante o seu percorrido.
O punto de encontro será o polideportivo do Sanguiñal (Tállara) ás 10.00 horas. Dende alí os asistentes realizarán un percorrido de aproximadamente 5 quilómetros por distintos puntos desta parroquia.