Galicia

‘O Galego Campa!’ chega a 22 campamentos para traballar a igualdade e a sensibilización contra a violencia de xénero


O galego campa!, o programa da Secretaría Xeral de Políltica Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado destinado a favorecer o uso do galego nos campamentos de verán e mais a facilitarlle ao monitorado formación e recursos para o desenvolvemento de dinámicas que animen os rapaces a se expresar nesta lingua, chega a 22 campamentos de verán de titularidade da Xunta de Galicia. Faino de acordo coas liñas de traballo que se establecen no Plan de Dinamización da Lingua Galega na Mocidade 2019-2022 e do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, da man da Secretaría Xeral da Igualdade e no marco da campaña Nós contra a violencia.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.