Na súa visita ao municipio de Boiro, Jose Juan Durán, o presidente de Portos de Galicia
contestou ás denuncias que dende a Cofradía de Pescadores de Ribeira se proferiron o pasado venres e onde o patrón maior, Xosé Antonio Pérez criticaba o abandono do porto por parte do presidente deste ente público e aseguraba que a súa deixadez convertía a Ribeira, anterior referente europeo da pesca de baixura, nun peirao terceiromundista.
O patrón maior aseguraba así que os pantaláns se encontran rotos.