A Xerencia de Xestión Integrada de Santiago (que aúna a coordinación da asistencia entre os 76 centros de atención primaria e os hospitais de Compostela e da Barbanza) continúa reducindo a espera para unha operación a 51,9 días, a menor dende a súa creación como área sanitaria integrada . Con respecto ás cifras de xullo do ano pasado, diminúe 5 días, e uns 10 con respecto aos datos de hai 3 anos.