O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, chamou hoxe á implicación do conxunto da sociedade para que o Xacobeo 2021 faga crecer o Produto Interior Bruto de Galicia un 0,9% e cree 11.500 empregos a tempo completo nos próximos catro anos, desde hoxe ata 2022, o último exercicio que se verá influenciado directamente polo Ano Santo.