O cambio na corporación municipal de Noia non impedirá que este ano volva á vila a sexta edición do Festival de Jazz. Un proxecto no que as concellerías de Festexos e a de Cultura e Patrimonio estiveron a traballar coa colaboración de Kin García, o director do festival que fará de Noia esta fin de semana o epicentro europeo do Jazz.
Un evento que foi medrando nos últimos anos e que nesta edición chega ao seu apoxeo con invitados especiais e grandes estrelas do mundo do jazz como Mathew Simons que actuará na vila na noite do sábado.
Cabe destacar a actuación dun grupo local, os Apple Three, que elevarán ao máximo o potencial da música da vila o venres.
Este mesmo día Diana Tarín, a semifinalista de La Voz chegará tamén á vila.
O espectáculo arrincará o venres ás 21.30 horas na Praza do Cantón e rematará coas actuacións do xa nomeado Mathew Simons e o Cuarteto de Antonio Otero así como o Trío de Kin García.
Dende a comitiva agradeceron o Traballo audiovisual da man de Beiras Manteiga e de Alfonso Costa así como a colaboración dos bares Babilonia, Tasca Típica e Trocolo.