Ábrese o prazo de inscrición dos obradoiros terceira idade para o curso 2015

A inscrición para os obradoiros da terceira idade xa se pode levar a cabo no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ribeira. Estas actividades, que se atopan dentro do Programa de Dinamización e Promoción social dos nosos maiores, estaranse a realizar durante todo o ano tanto en Riveira como nas diferentes parroquias e teñen un custe totalmente gratuíto para os veciños.

Os obxectivos que se pretenden acadar son o fomento da calidade de vida e a saúde das persoas maiores, así como a impulsión e participación comunitaria e a integración social do colectivo da Terceira Idade.

Estes programas de envellecemento activo, que se veñen a realizar dende o ano 2004, promoven o benestar subxectivo e pretenden conseguir que os cambios de conduta sexan saudables grazas ó traballo dentro de tres áreas fundamentais: física, psicolóxica e social.

A matrícula poderase realizar durante todo o mes de setembro, en horario laboral, no Departamento de Servizos Sociais.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.