Ribeira

O Concello de Ribeira informou da licitación da actuación consistente na reposición do pavimento asfáltico na rúa do Canal e no camiño entre Ameixida e Os Paramos

Os dous viales presentan un firme en aglomerado asfáltico bastante deteriorado en certos tramos, razón pola cal se persegue a súa mellora a través dunha nova capa de aglomerado asfáltico en quente de 6 centímetros de espesor, previa limpeza das súas marxes.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.