A POLICÍA XUDICIAL continúa a procura de MANUELA LORENZO

A busca de Manuela Lorenzo, septuaxenaria e veciña de Bealo desaparecida o sábado 25 de xullo, segue o seu curso.
Unha investigación que dende fai varias semanas está en mans da policía xudicial da Coruña especializada en homicidios.
Fai dúas semanas axentes da garda Civil volveron rastrear a zona co fin de atopar indicios que poidan facilitar a súa pista, pero non atoparon nada.
A garda civil plantexa varias hipóteses. Entre elas a fuga de Manuela que abandonou o seu lugar polo seu propio pe ou ben a desaparición por outro cauce.
Dende o primeriro día un gran dispositivo de busca comezou a súa procura. Cans de protección civil e da garda civil chegados de Madrid rastrearon as inmediacións. O fillo da desaparecida estivo moi implicado na súa procura e encargouse de deixar varias copias co rostro de Manuela polas zonas limítrofes, pero ninguén anunciou a súa aparición.
A día de hoxe e un mes despois da desapareción, familiares e amigos seguen a preguntarse onde estará Manuela.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.