Boiro celebrou o pasado venres o pleno de organización, onde un dos asuntos máis destacados foi a aprobación das dedicacións exclusivas do alcalde e do primeiro tenente de alcalde, no que a proposta era que o alcalde cobraría 44.000 euros brutos ao ano e José Luis Ruiz Laíño, 25.600 euros. A abstención do Partido Popular facilitou que se puidese facer posible.