O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e representantes das prefeituras xaponesas polas que pasa o Camiño Shikoku, asinaron hoxe un protocolo de colaboración en torno a esta ruta de peregrinación e ao Camiño de Santiago.
O acordo permitirá reforzar a alianza turística entre Galicia e Xapón, xa que se une a outras accións conxuntas levadas a cabo neste eido ao longo das últimas décadas.
O acordo asinado entre as institucións galega e nipoas pretende unir os territorios de Galicia e a illa de Shikoku a través do fenómeno da peregrinación, mediante a promoción de actividades de difusión sobre ambos os dous Camiños que potencie as súas respectivas ofertas turísticas no ámbito cultural; xerar fluxos turísticos entre Xapón e Galicia mediante novas actuacións; así como organizar periodicamente encontros de carácter cultural e científico que contribúan a afondar no mutuo coñecemento e na conservación e transmisión de ambas as rutas de peregrinación de milenaria tradición.
https://www.youtube.com/watch?v=BJHF_W_Wp-8