Icono del sitio CanalBarbanza.com

Centos de persoas despiden entre bágoas a FRANCISCO RAMA

Centos de persoas acudiron esta tarde ao enterro do concelleiro do Partido Popular, Francisco Rama, quen dixo adeus a noite do sábado e de forma repentina por mor dunha insuficiencia cardíaca.
O funeral tivo lugar ás seis e cuarto da tarde e o enterro levouse a cabo no cemiterio parroquial san Xoán de Sabardes.
Francisco Rama, máis coñecido como “Fufú” sempre tratou de conseguir melloras para, e co seu empeño saíuse coa súa.
O concelleiro fixo posible a construción do porto deportivo e do náutico, da lonxa e, incluso, dun campo de fútbol. Nos seus vinte anos como edil, promoveu o arranxo de casas de persoas en risco de exclusión social no marco do programa de infravivenda e colaborou activamente coa entidade Terra de Outes
Propietario dunha cetaria, de 53 anos de idade, casado e pai de dous fillos, Francisco Rama era unha persoa sempre disposta a axudar aos veciños
Fufú regresaba de Portugal acompañado duns amigos cando ao atravesar Vigo comezou a sentirse indisposto. Inmediatamente desprazáronse a un centro de saúde, pero faleceu antes de chegar e o médico que o atendeu só puido certificar a súa morte.
Cabe lembrar que fai tan só uns días os veciños pobrenses dixeron adeus a Ramón Fernández García, de 49 anos de idade e exdirector do garcía Bayón. Este mesmo día tamén se despedía Juan Antonio Brión de 24 anos, veciño da parroquia de San Pedro de Muros, armador e patrón de pesca.
O Barbanza volve a chorar hoxe a pérdida de tres grandes persoas da comarca.

Salir de la versión móvil