Ribeira

Medio ambiente inicia o procedemento de adxudicación de cinco vivendas de protección pública no concello de Ribeira

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), vén de iniciar o procedemento para a adxudicación de cinco vivendas de promoción pública (VPP) que se atopan dispoñibles no Concello de Ribeira e serán sorteadas entre as persoas inscritas no Rexistro de Demandantes de Vivenda nesta localidade coruñesa.

Así o acaba de acordar a Comisión Provincial de Vivenda da Coruña, que se reuniu tamén para aprobar as listas definitivas de adxudicatarios dun total de oito VPP localizadas nos concellos de Ferrol e Mañón.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.