Deportes

Nova fichaxe do conxunto do Noia Portus Apostoli

O lucense foi hoxe presentado co seu novo equipo . Pescados Rubén Burela e Noia Portus Apostoli chegaron a un acordo para a incorporación de José Antonio Capón Lamas, “Porto”, (Lugo, 7-5-1997), ao conxunto noiés.
https://www.youtube.com/watch?v=yKEFaWFBNvc
O lucense, de 22 anos, conta con sobrada experiencia na Segunda División, xa que a disputou primeiro co seu club de formación, o Prone Lugo, durante tres tempadas nas que chegou a lucir o brazalete de capitán, e despois vestindo o laranxa do Peixes Rubén Burela, co que se consagrou campión da división de prata o pasado curso, contribuíndo con catro goles en 23 aparicións.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.