O BOIRO gaña ao BERGANTIÑOS e o NOIA perde contra o RÁPIDO DE BOUZAS

O Boiro regresou a casa cos tres puntos do inferno das Eiroas. Non tiñan un encontro sinxelo os boirenses na súa primeira saída da tempada, pero esta vez funcionou o laboratorio de Lemos, que nos compases finais do primeiro tempo, e tras unha xogada a balón parado, marcou o gol que lles deu a vitoria. Foi un partido plano, con pouco fútbol, ata que Pillado tirou de calidade para colocar un balón medido na cabeza de Stefan, que tras un gran cabezazo deixaba ao Bergantiños en shock.

Volvía despois de 32 anos a Terceira División a San Lázaro, aínda que terán que esperar os noieses para ver unha vitoria no seu feudo. Caeu o Noia ante un Rápido de Bouzas que cedeu o cetro de mando ao conxunto de Yago Iglesias quedando 1-2.

Atopou onte o seu primeiro punto o Atlético Ribeira ante un Paiosaco que chegou ao campo da Fieiteira para deixarse a pel no terreo de xogo. A pesar do rival, o conxunto de Susín tivo ocasións para levar os tres puntos, polo que o resultado deixa un sabor agridoce en persoal, afeccionados e corpo técnico cun marcador de empate 1-1.

O Pobra tamén empatou 1-1 no Xallas, un partido celebrado na fontenla e ao que acudiron 150 persoas.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.