A comarca do Barbanza está cada vez menos satisfeita coa actividade do ente público Portos de Galicia. Cabe lembrar que a semana pasada o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, xa se queixaba do abandono do porto pola entidade e aseguraba que moitas das obras da súa competencia tiveron que excutadas cos fondos do concello.
Esta semana, unha nova onda de queixas chegan da Cofradía de Pescadores de Ribeira. José Antonio, o patrón maior asegura que o coñecido porto de baixura máis importante de España se converteu nun peirao terceiromundista con grandes deficiencias que impiden realizar con normalidade o Traballo dos mariñeiros.
As chabolas que empregan os traballadores para gardar os aparellos e a zona dos corgos carecen de luces o que complica a actividade nocturna. Por pantaláns, por outra banda, seguen a estar rotos.
As inmediacións da lonxa nova non están acondicionadas para proceder á descarga de peixe, e por isto que, unha vez que se poña en marcha, os mariñeiros terán que cargar co produto dende a zona de descarga actual ata a lonxa para proceder a súa subasta. Unha distancia de medio quilómetro.
Entre outras cousas, o patrón maior asegura que dende fai dous anos os contratos para o atraque das embarcacións están caducados. Algo que se debería solucionar canto antes para poder reorganizar a colocación dos barcos.