A casa consistorial de Boiro vén de celebrar un pleno extraordinario para aprobación, entre outros puntos, do plan económico financieiro.
Un punto que se chegou a aprobar con 9 votos a favor por parte do PP, 5 votos en contra e dúas astencións.
O alcalde, Juan José Dieste criticou a política de Montoro e asegurou que é un grave prexuízo para o concello boirense e polo tanto para a xeración de postos de Traballo e de actividade económica, así como para o valor engadido.
Sen embargo tamén tivo palabras de eloxio para os bos resultados que o concello acadou este ano cun récord histórico que sitúa o resultado dos números como as mellores cifras dos últimos quince anos.
A oposición, pola contra, criticou algunhas das medidas tomadas polo goberno.
Dieste, sen embargo asegurou que resultados de aforro do último ano son de catro millóns 386 mil euros e asegura que a execución do presuposto é moi envidiable para outras administracións. Poisa cada o 94% de imgresos e o 90% de gastos e inversións.
Outra das cifras que bate récords é a do gasto corrente, pois é a máis baixa dos últimos 8 anos.
Cabe lembrar que o presuposto deste ano para o concello foi de 12 millóns 425 mil euros e os dereiros recoñecidos netos como posibles ingresos falan de unha cifra superior aos 14 millóns, o que se traduce nun resultado orzamentario positivo que ascende a un millón 26 mil euros.
En canto á débeda Dieste asegura que se reduciu á metade dende o ano 2011 e que os remanentes dos últimos tres anos sitúan ás cifras como as mellores da historioa do concello.